Mostrando entradas con la etiqueta contacontos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta contacontos. Mostrar todas las entradas

viernes, 7 de diciembre de 2012

"Amoriños contei"


Algúns dos mellores momentos do meu traballo están no proceso de creación dun novo espectáculo. Elixir as historias, facer os guións e darlles mil voltas ata que todo está no seu sitio, decidir como será a montaxe, o escenario, os personaxes, os materiais a utilizar, que tipo de títeres son os máis axeitados e como facelos; cada un deles ten que dar vida a un personaxe da historia, polo tanto ten o seu carácter diferente dos outros personaxes, o seu vestiario, e así comezan a construírse as relacións entre eles. Algúns, como Fredy e Demetre, aínda sen planealo, chegan a ser inseparables. E en todo este proceso estades presentes na miña cabeza vós; nenos e nenas, e tamén vós, os que xa fostes nenos hai algún tempo; penso na maneira de sorprendervos, penso no que quero contarvos e como, penso como presentarvos todos estes personaxes, que despois de todo este proceso, para min xa son compañeiros de traballo, de ensaio, de viaxes e de andanzas.

lunes, 3 de diciembre de 2012

¿VÉMONOS?


Onte, eu e os meus compañeiros de escena, O Conde de Orminia, Gilbán, Tino o taberneiro, Nele e Lili, Abul, e os demais pasamos unha nova proba de lume. “Amoriños contei” viu a luz, por fin, diante do público en Vigo. Agora estou desexando percorrer con todos estes personaxes Galicia enteira e ver as vosas caras. Espérovos na biblioteca, ou no cole, ou na praza da túa cidade, ou no teatro, ou en calquera outro sitio onde poder contarche estas tres historias, ou calquera dos outros espectáculos que xa levan funcionando anos atrás. Seguen rulando “Sabela e o paxaro máxico”, “¿A que cheiran os contos?”, “O traxe novo do rei”, “Un Nadal cheo de contos”, e dende agora tamén “Amoriños contei”.
Polo de agora “Amoriños contei” estará o 26 deste mes en Vilagarcía, o 28 en Cambados e Marín, e o 27 de xaneiro en Mos. E estes días de Nadal podedes ver a Tarabelos en Vilagarcía o 8 e o 19, en Caldas o 15, no Grove o 21, e outras datas que están aínda confirmándose.
¿Vémonos?      

miércoles, 28 de noviembre de 2012

Xa está aquí o novo espectáculo de Tarabelos!!!


Amores agochados nos contos. Cada conto coñecido ou descoñecido, ten amores agochados, que non é o mesmo que ter personaxes namorados; iso é outra cousa. Por exemplo o de caperuchiña, fala do amor as avoas e o amor polas flores e a natureza, o de dos tres porquiños fala do amor as cousas ben feitas e o amor os irmáns, o conto de Peter Pan, fala do amor as nais, o amor pola aventura, o amor estraño das fadas; cada un dos contos do mundo agocha amores de tódalas clases; amores esquecidos, amores atopados, divertidos, mentireiros, altos, pequenos, voadores, mollados... amoriños contados.


martes, 20 de noviembre de 2012

Fredy e Demetre: Pedimos axuda.

Somos Fredy e Demetre, os piratas de “Mistos o dragón”. Soubemos que o noso xefe, Esteban, vai colgar esta semana unha presentación do novo espectáculo que xa está en marcha, e adiantámonos para pedirvos que nos axudedes. Por favor, é cuestión de vida ou morte por aburrimento.


viernes, 14 de septiembre de 2012

Mais pistas!!

Aquí tendes un  detalliño máis do novo traballo de Tarabelos. Un deseño no papel e o traballo xa rematado. Isto é como parir :). Moito tempo coas ideas na cabeza e pouco a pouco se convértense en tela, papel, madeira... A verdade é que é tan fermoso o traballo de encher papeis de garabatos, notas no móbil, en papeis soltos ou no que se atope no momento; como o traballo, despois, de dar forma e realidade a esas ideas. E como non, a parte na que vos presento o resultado no escenario. Espero que vos guste.


viernes, 17 de febrero de 2012

Tarabelos (Títeres e contacontos)

Invítovos a que visitedes as outras páxinas deste blog.

Os nosos espectáculos: Podedes ver fotos e presentación dos espectáculos cos que Tarabelos está traballando neste momento.

Quen somos?: Unha pequena presentación de Tarabelos.

Contacta con Tarabelos: Os datos necesarios para que poidades contactar con nós e pedir información.

Espectáculos anteriores: Na memoria de “Mistos, o dragón”, espectáculo que durante anos estivo na colección de Tarabelos.

E como novidade: Obradoiros de Animación a lectura, no que podedes ver outras ideas que ofrece Tarabelos relacionadas cos contos. Pronto teremos algunha cousiña mais.

Se vos interesase ter presupostos de todas estas actividades non dubidedes en poñervos en contacto vía email ou teléfono e informareivos con gusto e sen compromiso.

Espero que disfrutedes da visita.

Unha aperta.

jueves, 9 de febrero de 2012

¡Tarabelos cumpre anos!


¡Hoxe Tarabelos cumpre oito anos!. Quero darvos as grazas a todos os que apoiades Tarabelos de calquera forma: Os nosos amigos, a familia, todos os nenos e nenas, e nais, e pais, e avós, e avoas, e tíos... todos vós que vides a vernos aquí ou alá. Quero felicitar a todos os Tarabelos, que nalgún momento me acompañaron nesta aventura, e enriqueceron o noso traballo: Ana, Marcos, Andrés, Rut, Quillo, Sarai, Samuel, Tamara, e tantos outros que o longo destes anos salpicastes coa vosa ilusión e o voso arte o traballo de Tarabelos. Se Tarabelos hoxe cumpre anos é grazas a todos vós. Sigo traballando, e conto con poder celebrar este ano cun novo espectáculo que presentarvos pronto. Espero vervos as caras no escenario, ou nunha praza da túa cidade, ou no teu cole... Ata entón.

viernes, 8 de enero de 2010

Xoga con Tarabelos

Gustaríanos contar coas vosas historias, os vosos contos.
Se nos mandades un conto inventado por vos, por correo electrónico:


esteban@tarabelos.com , tarabelos@gmail.com

ou ben por correo ordinario na dirección:

Apartado de correos 145, CP:36900, Marín (Pontevedra)

Publicaremos os mellores aquí, no noso blog.
¡Esperamos os vosos contos!.
Ademáis recibiredes un carnet da panda dos Tarabelos.

¡Cóntanos un conto!






Este é un conto escrito e ilustrado por nenos de 6 anos do colexio
Manuel Padín Truiteiro en Arcade (Pontevedra)




Este conto foi escrito por Felipe Martínez do colexio Carballal de Marín (Pontevedra). Os nove anos gañou o segundo premio nun concurso de contos en galego organizado pola Once.

Xa veredes, é unha bonita historia de amor.