lunes, 1 de abril de 2013

Sempre argallando

Sen presa pero sen pausa... sempre buscando algo novo que ofrecer.
Unha das cousas que mais me gustan do meu traballo e a necesidade de manter sempre aberto o proceso creativo; buscar novos recursos, novas posibilidades, facer debuxiños en calquera papel, coñecer novas historias, traballar hoxe con papel, mañá con madeira e outro día con escaiola, con telas, ou con porexpan; hoxe facendo as cabezas duns títeres de luva e mañá cosendo un traxe; paso uns días debuxando para algún traballo, e os seguintes estou escribindo, outro día en Lugo con 200 rapaces, outro en Pontevedra con 50, hoxe ¨Sabela e o paxaro máxico¨, outro día “Amoriños contei”... cada día de traballo é diferente e novo.
Neste momento estou argallando un pequeno montaxe con máscaras, así que toca facer moldes de escaiola, modelar con pasta as formas para representar cada personaxe e investigar algunhas cousas novas para min. O resultado podedes velo na biblioteca de Marín o 18 de maio; pero antes o 6 e o 27 de abril no mesmo sitio, con outras historias. Vémonos.