Debulendo Lendas Galegas, non é...
- Non é unha clase de historia... pero falamos de piratas galegos que fixeron historia, de festas históricas, de personaxes sencillos que cambiaron a historia, (como María Pita) da viaxe duns poucos celtas que sairon de Brigantia e chegaron a Irlanda...
- Non é unha clase de lingua... pero contamos en galego, aprendemos a ler un signo de interrogación, coñecemos palabras novas, como "debuler"...
- Non é un obradoiro artístico... pero cada persoa do público ten o seu material de traballo artístico co que debulemos xuntos...
- Non é unha exposición de arte... pero expoñense máis de medio centenar de obras orixinais que nos axudan a visualizar as escenas que contamos...
- Non é un espectáculo antigo... pero nos valemos dunha técnica milenaria para contar, o Kamishibai xapones, e un instrumento co que contaban tamén as nosas bisavoas, a pandeireta.
- Non é teatro de máscaras... pero as ilustracións se utilizan como máscaras para representar os personaxes...
- Non é un safari... pero imos cazar bechos grandes e pequenos...
- Non é unha conversa... pero a voz de todos é audible...
- Non é un concerto... pero se toca e se canta, e quen quere baila...
- Non é unha charla científica... pero descubrimos novas especies...
Dixéronme que é unha sesión "diferente" e iso me gusta. Dixéronme que é "imprevisible", e iso me encanta.