Mostrando entradas con la etiqueta contos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta contos. Mostrar todas las entradas

viernes, 7 de diciembre de 2012

"Amoriños contei"


Algúns dos mellores momentos do meu traballo están no proceso de creación dun novo espectáculo. Elixir as historias, facer os guións e darlles mil voltas ata que todo está no seu sitio, decidir como será a montaxe, o escenario, os personaxes, os materiais a utilizar, que tipo de títeres son os máis axeitados e como facelos; cada un deles ten que dar vida a un personaxe da historia, polo tanto ten o seu carácter diferente dos outros personaxes, o seu vestiario, e así comezan a construírse as relacións entre eles. Algúns, como Fredy e Demetre, aínda sen planealo, chegan a ser inseparables. E en todo este proceso estades presentes na miña cabeza vós; nenos e nenas, e tamén vós, os que xa fostes nenos hai algún tempo; penso na maneira de sorprendervos, penso no que quero contarvos e como, penso como presentarvos todos estes personaxes, que despois de todo este proceso, para min xa son compañeiros de traballo, de ensaio, de viaxes e de andanzas.

miércoles, 28 de noviembre de 2012

Xa está aquí o novo espectáculo de Tarabelos!!!


Amores agochados nos contos. Cada conto coñecido ou descoñecido, ten amores agochados, que non é o mesmo que ter personaxes namorados; iso é outra cousa. Por exemplo o de caperuchiña, fala do amor as avoas e o amor polas flores e a natureza, o de dos tres porquiños fala do amor as cousas ben feitas e o amor os irmáns, o conto de Peter Pan, fala do amor as nais, o amor pola aventura, o amor estraño das fadas; cada un dos contos do mundo agocha amores de tódalas clases; amores esquecidos, amores atopados, divertidos, mentireiros, altos, pequenos, voadores, mollados... amoriños contados.


martes, 20 de noviembre de 2012

Fredy e Demetre: Pedimos axuda.

Somos Fredy e Demetre, os piratas de “Mistos o dragón”. Soubemos que o noso xefe, Esteban, vai colgar esta semana unha presentación do novo espectáculo que xa está en marcha, e adiantámonos para pedirvos que nos axudedes. Por favor, é cuestión de vida ou morte por aburrimento.


viernes, 7 de septiembre de 2012

Novo espectáculo de Tarabelos!!

Despois de un verán moi movido, póñome cos últimos retoques para poder comezar un novo curso cun novo traballo. Nus días fágovos a presentación.
Estou nervioso, todo hai que dicilo.