viernes, 7 de diciembre de 2012

"Amoriños contei"


Algúns dos mellores momentos do meu traballo están no proceso de creación dun novo espectáculo. Elixir as historias, facer os guións e darlles mil voltas ata que todo está no seu sitio, decidir como será a montaxe, o escenario, os personaxes, os materiais a utilizar, que tipo de títeres son os máis axeitados e como facelos; cada un deles ten que dar vida a un personaxe da historia, polo tanto ten o seu carácter diferente dos outros personaxes, o seu vestiario, e así comezan a construírse as relacións entre eles. Algúns, como Fredy e Demetre, aínda sen planealo, chegan a ser inseparables. E en todo este proceso estades presentes na miña cabeza vós; nenos e nenas, e tamén vós, os que xa fostes nenos hai algún tempo; penso na maneira de sorprendervos, penso no que quero contarvos e como, penso como presentarvos todos estes personaxes, que despois de todo este proceso, para min xa son compañeiros de traballo, de ensaio, de viaxes e de andanzas.

No hay comentarios: