miércoles, 25 de diciembre de 2013

Bo Nadal

"Algunhas veces é bo ser nenos, e que mellor que no Nadal, cando o seu Todopoderoso fundador era tamén un neno." 
Charles Dickens
Desexo que estes días e no próximo ano disfrutedes dos nenos grandes ou pequenos que tendes o voso lado, e que vós mesmos sexades máis nenos, moito máis nenos!
Unha aperta que dure un ano!, o ano que ven xa teremos outro preparado.

jueves, 12 de septiembre de 2013

Volta ó cole

Estes días centos de nenos e nenas, mestres e mestras, pais, nais... fan equipo para comezar un novo ano e aprender xuntos da vida.

Mestres e mestras: Como xa saberedes, traballar para os nenos é unha oportunidade única na que se pode aprender unha chea de cousas esquecidas polos que xa non temos idade para ser nenos; valores e conviccións que foron perdendo importancia para os maiores co paso dos anos. O recuperalas decatarédesvos que problemente foi un erro deixalas escapar. Desexo para vós que neste curso recuperedes algún destes valores esquecidos.

Pais e nais: Disfrutade das incribles aventuras contadas polos vosos pequenos á volta do cole, e escoitadeas así como vola contan (As veces a interpretación mental que facemos das historias dos nenos quítanlle toda a chicha, e non e xusto) Se o teu fillo di que no recreo foi capitán dun barco de madeira, ¡Claro que o foi! Ese día comeredes macarróns de ouro que esa mesma mañán mamá atopou nun cofre agochado debaixo da retorcida raiz dun carballo, e a noite prepararedes o camarote para un bo descanso pirata, co ánimo de comezar unha nova aventura ó amencer.

Nenos e nenas: Os mestres teñen interese, e algúns hata devoción por ensinarvos moitas cousas valiosas. Aproveitade a oportunidade e disfrutade da aprendizaxe.

Espero vervos algún día do curso no voso cole e terei un conto que ofrecervos, pero sexa como sexa, a todos, Tarabelos vos desexa un fantástico curso e un bo traballo e equipo polos vosos nenos.

Unha aperta

martes, 11 de junio de 2013

"Sabela y el pájaro mágico" en Noctívagos

Este é o espectáculo que presentarei este sábado en "Noctívagos" ( Festival internacional de teatro de rúa) que se celebra en Oropesa, provincia de Toledo. 
O vídeo está feito en castelán para súa presentación no festival, aínda que Sabela e os seus amigos son normalmente galego-falantes. Aquí vos queda disposto para visitar as vosas aulas, bibliotecas, teatros, salas, auditorios, prazas...
Grazas Simón Martinez pola axuda co vídeo.



miércoles, 5 de junio de 2013

Tarabelos en Noctívagos


Tarabelos foi seleccionado para formar parte da programación de "Noctívagos 2013” festival de teatro na rúa que se celebra na cidade de Oropesa, provincia de Toledo. Presentaréi en castelán o espectáculo "Sabela e o paxaro máxico" baseado nun conto popular galego, dentro da programación infantil do festival. Este espectáculo xa percorreu moitos concellos galegos, e foi presentado fora de Galicia en Salamanca, Burgos e Lisboa. Imos a toledo entón.

lunes, 1 de abril de 2013

Sempre argallando

Sen presa pero sen pausa... sempre buscando algo novo que ofrecer.
Unha das cousas que mais me gustan do meu traballo e a necesidade de manter sempre aberto o proceso creativo; buscar novos recursos, novas posibilidades, facer debuxiños en calquera papel, coñecer novas historias, traballar hoxe con papel, mañá con madeira e outro día con escaiola, con telas, ou con porexpan; hoxe facendo as cabezas duns títeres de luva e mañá cosendo un traxe; paso uns días debuxando para algún traballo, e os seguintes estou escribindo, outro día en Lugo con 200 rapaces, outro en Pontevedra con 50, hoxe ¨Sabela e o paxaro máxico¨, outro día “Amoriños contei”... cada día de traballo é diferente e novo.
Neste momento estou argallando un pequeno montaxe con máscaras, así que toca facer moldes de escaiola, modelar con pasta as formas para representar cada personaxe e investigar algunhas cousas novas para min. O resultado podedes velo na biblioteca de Marín o 18 de maio; pero antes o 6 e o 27 de abril no mesmo sitio, con outras historias. Vémonos.


domingo, 10 de febrero de 2013

¡¡9 anos tarabeleando!!

Nove anos de tarabeladas!!! Hoxe Tarabelos está de noraboa, cumprimos 9 anos e o pensalo agradezo a moitas persoas o seu apoio, os seus aplausos, a súa arte compartida... E tamén quero agradecer ós meus compañeiros de traballo a súa dedicación a Tarabelos: Fredy, Demetre, Sabela, Claudio, Zarpas, Polgariña, Bob, Scrooge, e tantos outros personaxes das historias que vos presento. E grazas a todos vós que vos sentades nas butacas, e as veces no chan para ver e escoitar os contos de Tarabelos. Comezamos o ano dez e o rematalo teremos que facer unha boa festa. Grazas a todos!!!!

lunes, 7 de enero de 2013

O Blog de Tarabelos


Invítovos a que visitedes as outras páxinas deste blog.
Os nosos espectáculos: Podedes ver fotos e presentación dos espectáculos cos que Tarabelos está traballando neste momento.
Quen somos?: Unha pequena presentación de Tarabelos.
Contacta con Tarabelos: Os datos necesarios para que poidades contactar con nós e pedir información.
Espectáculos anteriores: Na memoria de “Mistos, o dragón”, espectáculo que durante anos estivo na colección de Tarabelos.
Obradoiros de Animación a lectura: No que podedes ver outras ideas que ofrece Tarabelos relacionadas cos contos.
Videos e Galeria: Onde podedes ver fotos de espectáculos e outras Tarabeladas.
Se vos interesase ter presupostos de todas estas actividades non dubidedes en poñervos en contacto vía email ou teléfono e informareivos con gusto e sen compromiso.
Espero que disfrutedes da visita.
Unha aperta.