![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhSPDOkbxaEf8H3vPeqK_KmPXvpBynQVyq2FCawg6B_T6zoJuiMFHU8KrLr44Cc1BmeRNcb6PdnRuTPxkZKiytjeyPTsbfPI_Re68yqhRisM5uOVb9Q077DtAQ8owaLilhiqfcedzw1lt4/s400/Jos%C3%A9+Silvent.jpg)
Na primeira metade do século pasado, José Silvent, máis coñecido como Barriga Verde, recorreu as mellores romarías de Galicia cos seus espectáculos de títeres e variedades. Barriga Verde era un dos personaxes os que daba vida José Silvent, e chegou a ser tan famoso que deu nome a todo o espectáculo, e a el mesmo. Hai pouco estivemos facendo o noso espectáculo de títeres “Mistos, o dragón” en Fornelos, e un home maior falábame, mentres montábamos,, dos espectáculos de Barriga Verde e a despedida que utilizaba nos súas funcións: “Morreu o demo e acabouse a peseta”.
As súas actuacións chegaron a custar dende dez céntimos a unhas tres pesetas. Nos últimos anos utilizaba como escenario unha barraca de madeira, na que estaba rotulado o título do seu espectáculo: “Teatro e melodías de España”, e nun lado “espectáculo culto e moral”, e noutro
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjq94-XsnYp071VtQfJzdFNtjIbmtqSA4HHBJnnilRGG819hGEIUQ_U3J1pqmOFU3X_FHvAK1Jq-rBltU3GLf3PhmrOk_zcFLRP6Z4VkwagjA0QDrq87jmdzlDPf0SqRNdktqhgJz-DyKA/s400/barraca.jpg)
Actualmente podemos ver unha réplica da barraca e o espectáculo de Barriga Verde da man de Viravolta títeres, e a produtora Tintimán Audiovisual, que están estreando este espectáculo e achegándoo as cidades de Galicia. Así que si tendes oportunidade aínda estades a tempo de disfrutar deste espectáculo.
Podedes ver máis información na rede. Na páxina do seu lugar de nacemento, por exemplo, tendes parte da súa historia. http://www.santamartadelosbarros.com/personajes.php
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEj7AsIRh6KNJFBcyyG9CjzF7zZMgJaQ5ohQaOl-J6ijEj7IYfAxKQPEnoX2Erd5JLTcZAZvKYHKuX48JllGe_HjJM7VFvS2YfJKL9B58CVIbYL8R72MQSPlHysg-SlK3dgQTdBcnVAaqRw/s400/viravolta.jpg)
Espectáculo de Viravolta títeres