martes, 8 de febrero de 2011

SALÓN DO LIBRO 2011



Comezamos esta semana con obradoiros para grupos de colexios dentro do programa do Salón do libro deste ano. Teremos tamén catro actuación de contacontos-títeres na sala de exposicións en Marzo. Aconséllovos votar un vistazo o programa e visitar a exposición, paga a pena. Esta é a presentación que se fai na páxina do Salón do libro e nesta dirección podedes consultar a programación. ¡Que o disfrutedes!
http://www.salondolibro.org/2011/

Do 6 de febreiro ao 19 de marzo de 2011
Unha das razóns polas que nos gustan as historias é porque nos falan da vida a través das emocións, dos comportamentos, dos sentimentos… Este ano queremos afondar nun deses comportamentos: a mentira.
Queremos de verdade descubrir as mentiras que nos contan os personaxes dos contos, ou a mentira que é a historia que estamos a ler, tamén queremos xogar coa mentira como tema na literatura, e como non! ver a mentira das vosas propostas plásticas.
A mentira está presente xa nos primeiros contos que lles contamos aos cativos : o lobo mentiulle a carapuchiña vermella e tamén aos cabritos, Pinocho toleou a todos coas súas mentiras pagando un alto prezo por iso.
A literatura para os maiores tamén está inzada de mentiras, Sancho Panza mente en beneficio de si mesmo e do seu amo sempre que lle convén, e que podemos dicir cando Jorge Luis Borges fala de que “la literatura es la mentira”? . Atrevémonos coa mentira fabulada na obra de Álvaro Cunqueiro?



Estas son fotos de un dos montaxes do gato con botas que os nenos fixeron nos obradoiros de interpretación, son uns verdadeiros artistas.