Mostrando entradas con la etiqueta títeres. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta títeres. Mostrar todas las entradas

lunes, 3 de diciembre de 2012

¿VÉMONOS?


Onte, eu e os meus compañeiros de escena, O Conde de Orminia, Gilbán, Tino o taberneiro, Nele e Lili, Abul, e os demais pasamos unha nova proba de lume. “Amoriños contei” viu a luz, por fin, diante do público en Vigo. Agora estou desexando percorrer con todos estes personaxes Galicia enteira e ver as vosas caras. Espérovos na biblioteca, ou no cole, ou na praza da túa cidade, ou no teatro, ou en calquera outro sitio onde poder contarche estas tres historias, ou calquera dos outros espectáculos que xa levan funcionando anos atrás. Seguen rulando “Sabela e o paxaro máxico”, “¿A que cheiran os contos?”, “O traxe novo do rei”, “Un Nadal cheo de contos”, e dende agora tamén “Amoriños contei”.
Polo de agora “Amoriños contei” estará o 26 deste mes en Vilagarcía, o 28 en Cambados e Marín, e o 27 de xaneiro en Mos. E estes días de Nadal podedes ver a Tarabelos en Vilagarcía o 8 e o 19, en Caldas o 15, no Grove o 21, e outras datas que están aínda confirmándose.
¿Vémonos?      

miércoles, 28 de noviembre de 2012

Xa está aquí o novo espectáculo de Tarabelos!!!


Amores agochados nos contos. Cada conto coñecido ou descoñecido, ten amores agochados, que non é o mesmo que ter personaxes namorados; iso é outra cousa. Por exemplo o de caperuchiña, fala do amor as avoas e o amor polas flores e a natureza, o de dos tres porquiños fala do amor as cousas ben feitas e o amor os irmáns, o conto de Peter Pan, fala do amor as nais, o amor pola aventura, o amor estraño das fadas; cada un dos contos do mundo agocha amores de tódalas clases; amores esquecidos, amores atopados, divertidos, mentireiros, altos, pequenos, voadores, mollados... amoriños contados.


lunes, 16 de abril de 2012

Paseade por Tarabelos

Paseade polas outras páxinas deste blog onde poderedes ver fotos e información dos nosos espectáculos, actividades de animación a lectura, presentación e contacto de Tarabelos e outras cousas.

viernes, 17 de febrero de 2012

Tarabelos (Títeres e contacontos)

Invítovos a que visitedes as outras páxinas deste blog.

Os nosos espectáculos: Podedes ver fotos e presentación dos espectáculos cos que Tarabelos está traballando neste momento.

Quen somos?: Unha pequena presentación de Tarabelos.

Contacta con Tarabelos: Os datos necesarios para que poidades contactar con nós e pedir información.

Espectáculos anteriores: Na memoria de “Mistos, o dragón”, espectáculo que durante anos estivo na colección de Tarabelos.

E como novidade: Obradoiros de Animación a lectura, no que podedes ver outras ideas que ofrece Tarabelos relacionadas cos contos. Pronto teremos algunha cousiña mais.

Se vos interesase ter presupostos de todas estas actividades non dubidedes en poñervos en contacto vía email ou teléfono e informareivos con gusto e sen compromiso.

Espero que disfrutedes da visita.

Unha aperta.

jueves, 9 de febrero de 2012

¡Tarabelos cumpre anos!


¡Hoxe Tarabelos cumpre oito anos!. Quero darvos as grazas a todos os que apoiades Tarabelos de calquera forma: Os nosos amigos, a familia, todos os nenos e nenas, e nais, e pais, e avós, e avoas, e tíos... todos vós que vides a vernos aquí ou alá. Quero felicitar a todos os Tarabelos, que nalgún momento me acompañaron nesta aventura, e enriqueceron o noso traballo: Ana, Marcos, Andrés, Rut, Quillo, Sarai, Samuel, Tamara, e tantos outros que o longo destes anos salpicastes coa vosa ilusión e o voso arte o traballo de Tarabelos. Se Tarabelos hoxe cumpre anos é grazas a todos vós. Sigo traballando, e conto con poder celebrar este ano cun novo espectáculo que presentarvos pronto. Espero vervos as caras no escenario, ou nunha praza da túa cidade, ou no teu cole... Ata entón.

sábado, 10 de diciembre de 2011

Construción de Títeres



Comparto con vós un traballo que fixen por encargo. Neste vídeo podedes ver o proceso de creación de catro monecos articulados de 70 centímetros de alto.