lunes, 10 de enero de 2011

Preséntovos a Carlos Martinez

Preséntovos a Carlos Martinez.
http://www.carlosmartinez.es/
Nos meus primeiros pasos serios polo mundo da escena Carlos Martinez ten un gran protagonismo. Aínda que foi menos tempo do que me gustaría, pasei unha parte do verán do ano 2000 aprendendo con Carlos Martinez algúns segredos da arte do mimo e o teatro. Xa vedes o que son as cousas, tiña ilusión de poder adicarme algún día a isto que tanto me gusta que é contar historias nun escenario. E despois de moitas actuacións de teatro afeccionado, mimo, pallaso... descubrín no mimo a meu estilo de traballo. Sen palabras, creando movementos, construíndo como por arte de maxia obxectos e espazos que en realidade non existen, e por iso a maxia do mimo ofrece unha posibilidades de creación ilimitadas para o actor, e iso entusiasmábame. Sen problemas de idioma, unha linguaxe universal de xestos, respiracións, pausas, sentimentos... Uns anos despois, e tras unha serie moi longa de circunstancias da vida, atópome facendo aquilo que desexaba, contar historias, pero agora cando estou no escenario falo ata polos cóbados durante unha hora seguida. Xa hai uns anos que non fago unha peza de mimo, pero todo o que aprendín dese arte forma parte de min e da miña maneira de traballar. O asturiano Carlos Martinez é actor mimo dende 1982. Creou un mundo de xestos que combina un ritmo preciso e unha técnica coidada e perfeccionista. Os seus movementos son tan precisos que podes ver todo aquilo que os seus personaxes manipulan aínda que nunca hai nada entre as súas mans, sobe o alto dunha maceira, baixa o piso inferior dun centro comercial, corre, pasea mostrando toda unha paisaxe chea de vida, sen necesidade de moverse do sitio. O arte do movemento, e fabuloso, máxico, único.



Máis mimo:
Tricicle: http://www.tricicle.com/
Circanelo: http://www.youtube.com/watch?v=C-Q7afkDwRg
http://www.youtube.com/watch?v=8WjVja0KYDk
Charlie Chaplin: http://www.youtube.com/watch?v=DvVQOOu1AUY&feature=related
Mr. Bean: http://www.youtube.com/watch?v=O3I7G-w3hTY&feature=related
http://en.wikipedia.org/wiki/Marcel_Marceau
http://www.teatropr.com/Festival_de_mimo.html
http://www.mimochispa.com/
http://www.moveo.cat/
http://mimosdechile.blogspot.com/
http://www.pantomimes-mimes.com/mimo.html
http://www.gaete.org/
http://www.lapolilla.org/el-mimo.html
http://www.mime.info/
http://www.markwenzel.com/
http://www.sfmt.org/