Espectáculos anteriores

"MISTOS O DRAGÓN"

ESTEBAN ACUÑA


Mistos acompañounos durante sete anos e chegoulle a hora dun descanso. É un espectáculo moi especial para nós, e un personaxe que xa é como da familia. Empezamos este ano 2011 sen Mistos, o dragón, aínda que non poderemos esquecernos del. Esperamos volver a presentárvolo nalgún momento. Pero ata entón Mistos, Demetre, Fredi, Tina, o Capitán Rosso, o loro e todos os personaxes da illa do dobrón de ouro dormen nas súas caixas.


Guión: Esteban Acuña


Escenografía e creación de títeres: Esteban Acuña


Técnica: Títeres de boca e variña.


Achégate a unha vella historia pirata, tenra, divertida e chea de acción que fala dun dragón.Este, pola contra do que os demais pensan (só polo feito de ser dragón)é bo, ou iso é o que di a súa pequena amiga Tina...Disfruta desta aventura con: O capitán Rosso, a princesa Tina, o timonel, o gran dragón Mistos, e os demais personaxes da illa do dobrón de ouro...