Mostrando entradas con la etiqueta novo espectaculo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta novo espectaculo. Mostrar todas las entradas

lunes, 3 de diciembre de 2012

¿VÉMONOS?


Onte, eu e os meus compañeiros de escena, O Conde de Orminia, Gilbán, Tino o taberneiro, Nele e Lili, Abul, e os demais pasamos unha nova proba de lume. “Amoriños contei” viu a luz, por fin, diante do público en Vigo. Agora estou desexando percorrer con todos estes personaxes Galicia enteira e ver as vosas caras. Espérovos na biblioteca, ou no cole, ou na praza da túa cidade, ou no teatro, ou en calquera outro sitio onde poder contarche estas tres historias, ou calquera dos outros espectáculos que xa levan funcionando anos atrás. Seguen rulando “Sabela e o paxaro máxico”, “¿A que cheiran os contos?”, “O traxe novo do rei”, “Un Nadal cheo de contos”, e dende agora tamén “Amoriños contei”.
Polo de agora “Amoriños contei” estará o 26 deste mes en Vilagarcía, o 28 en Cambados e Marín, e o 27 de xaneiro en Mos. E estes días de Nadal podedes ver a Tarabelos en Vilagarcía o 8 e o 19, en Caldas o 15, no Grove o 21, e outras datas que están aínda confirmándose.
¿Vémonos?      

miércoles, 28 de noviembre de 2012

Xa está aquí o novo espectáculo de Tarabelos!!!


Amores agochados nos contos. Cada conto coñecido ou descoñecido, ten amores agochados, que non é o mesmo que ter personaxes namorados; iso é outra cousa. Por exemplo o de caperuchiña, fala do amor as avoas e o amor polas flores e a natureza, o de dos tres porquiños fala do amor as cousas ben feitas e o amor os irmáns, o conto de Peter Pan, fala do amor as nais, o amor pola aventura, o amor estraño das fadas; cada un dos contos do mundo agocha amores de tódalas clases; amores esquecidos, amores atopados, divertidos, mentireiros, altos, pequenos, voadores, mollados... amoriños contados.


viernes, 7 de septiembre de 2012

Novo espectáculo de Tarabelos!!

Despois de un verán moi movido, póñome cos últimos retoques para poder comezar un novo curso cun novo traballo. Nus días fágovos a presentación.
Estou nervioso, todo hai que dicilo.