Onte, eu e os meus compañeiros de
escena, O Conde de Orminia, Gilbán, Tino o taberneiro, Nele e Lili,
Abul, e os demais pasamos unha nova proba de lume. “Amoriños
contei” viu a luz, por fin, diante do público en Vigo. Agora estou
desexando percorrer con todos estes personaxes Galicia enteira e ver
as vosas caras. Espérovos na biblioteca, ou no cole, ou na praza da
túa cidade, ou no teatro, ou en calquera outro sitio onde poder
contarche estas tres historias, ou calquera dos outros espectáculos
que xa levan funcionando anos atrás. Seguen rulando “Sabela e o
paxaro máxico”, “¿A que cheiran os contos?”, “O traxe novo
do rei”, “Un Nadal cheo de contos”, e dende agora tamén
“Amoriños contei”.
Polo de agora “Amoriños contei”
estará o 26 deste mes en Vilagarcía, o 28 en Cambados e Marín, e o
27 de xaneiro en Mos. E estes días de Nadal podedes ver a Tarabelos
en Vilagarcía o 8 e o 19, en Caldas o 15, no Grove o 21, e outras
datas que están aínda confirmándose.
¿Vémonos?
No hay comentarios:
Publicar un comentario