martes, 8 de febrero de 2011

SALÓN DO LIBRO 2011



Comezamos esta semana con obradoiros para grupos de colexios dentro do programa do Salón do libro deste ano. Teremos tamén catro actuación de contacontos-títeres na sala de exposicións en Marzo. Aconséllovos votar un vistazo o programa e visitar a exposición, paga a pena. Esta é a presentación que se fai na páxina do Salón do libro e nesta dirección podedes consultar a programación. ¡Que o disfrutedes!
http://www.salondolibro.org/2011/

Do 6 de febreiro ao 19 de marzo de 2011
Unha das razóns polas que nos gustan as historias é porque nos falan da vida a través das emocións, dos comportamentos, dos sentimentos… Este ano queremos afondar nun deses comportamentos: a mentira.
Queremos de verdade descubrir as mentiras que nos contan os personaxes dos contos, ou a mentira que é a historia que estamos a ler, tamén queremos xogar coa mentira como tema na literatura, e como non! ver a mentira das vosas propostas plásticas.
A mentira está presente xa nos primeiros contos que lles contamos aos cativos : o lobo mentiulle a carapuchiña vermella e tamén aos cabritos, Pinocho toleou a todos coas súas mentiras pagando un alto prezo por iso.
A literatura para os maiores tamén está inzada de mentiras, Sancho Panza mente en beneficio de si mesmo e do seu amo sempre que lle convén, e que podemos dicir cando Jorge Luis Borges fala de que “la literatura es la mentira”? . Atrevémonos coa mentira fabulada na obra de Álvaro Cunqueiro?



Estas son fotos de un dos montaxes do gato con botas que os nenos fixeron nos obradoiros de interpretación, son uns verdadeiros artistas.







lunes, 10 de enero de 2011

Preséntovos a Carlos Martinez

Preséntovos a Carlos Martinez.
http://www.carlosmartinez.es/
Nos meus primeiros pasos serios polo mundo da escena Carlos Martinez ten un gran protagonismo. Aínda que foi menos tempo do que me gustaría, pasei unha parte do verán do ano 2000 aprendendo con Carlos Martinez algúns segredos da arte do mimo e o teatro. Xa vedes o que son as cousas, tiña ilusión de poder adicarme algún día a isto que tanto me gusta que é contar historias nun escenario. E despois de moitas actuacións de teatro afeccionado, mimo, pallaso... descubrín no mimo a meu estilo de traballo. Sen palabras, creando movementos, construíndo como por arte de maxia obxectos e espazos que en realidade non existen, e por iso a maxia do mimo ofrece unha posibilidades de creación ilimitadas para o actor, e iso entusiasmábame. Sen problemas de idioma, unha linguaxe universal de xestos, respiracións, pausas, sentimentos... Uns anos despois, e tras unha serie moi longa de circunstancias da vida, atópome facendo aquilo que desexaba, contar historias, pero agora cando estou no escenario falo ata polos cóbados durante unha hora seguida. Xa hai uns anos que non fago unha peza de mimo, pero todo o que aprendín dese arte forma parte de min e da miña maneira de traballar. O asturiano Carlos Martinez é actor mimo dende 1982. Creou un mundo de xestos que combina un ritmo preciso e unha técnica coidada e perfeccionista. Os seus movementos son tan precisos que podes ver todo aquilo que os seus personaxes manipulan aínda que nunca hai nada entre as súas mans, sobe o alto dunha maceira, baixa o piso inferior dun centro comercial, corre, pasea mostrando toda unha paisaxe chea de vida, sen necesidade de moverse do sitio. O arte do movemento, e fabuloso, máxico, único.



Máis mimo:
Tricicle: http://www.tricicle.com/
Circanelo: http://www.youtube.com/watch?v=C-Q7afkDwRg
http://www.youtube.com/watch?v=8WjVja0KYDk
Charlie Chaplin: http://www.youtube.com/watch?v=DvVQOOu1AUY&feature=related
Mr. Bean: http://www.youtube.com/watch?v=O3I7G-w3hTY&feature=related
http://en.wikipedia.org/wiki/Marcel_Marceau
http://www.teatropr.com/Festival_de_mimo.html
http://www.mimochispa.com/
http://www.moveo.cat/
http://mimosdechile.blogspot.com/
http://www.pantomimes-mimes.com/mimo.html
http://www.gaete.org/
http://www.lapolilla.org/el-mimo.html
http://www.mime.info/
http://www.markwenzel.com/
http://www.sfmt.org/

domingo, 26 de diciembre de 2010

Séculos de tradición


O 7 de Novembro do 2003 a HUNESCO declarou Patrimonio Oral e Intanxible da Humanidade o teatro de sombras de Wayang, tradicional de Indonesia e Malasia. Esas representacións son acompañadas normalmente por música interpretada cun gamelan (Conxunto instrumental indonesio tradicional en Bali e en Java, formado por metalófonos, xilófonos, tambores e gons)
Aínda que tivo este recoñecemento no 2003, este espectáculo ten os seus orixes na rica tradición oral da rexión de Indonesia, e está rexistrada unha actuación que data do ano 930, nunha inscrición: “Si Galigi mawayang”, é dicir, “Galigi interpretou wayang”
As marionetas utilizadas están feitas de coiro, o interprete (dalang) manipulas as marionetas, ponlles voz e dirixe o conxunto musical que acompaña. Todo isto forma parte do ritual do wayang que pode durar unha noite enteira. Esta representación é como unha reunión social na que a xente se xunta, e mentres se representa a historia hai tempo para todo: conversar, comer, e non é necesario gardar silencio ou estar atentos a toda a representación.




sábado, 25 de diciembre de 2010

El Cazo De Lorenzo


O mellor sistema para saber como son as persoas é coñecéndoas, e nos sorprenderemos do que todas elas poden ensinarnos. Coñecer é unha experiencia fermosa, xulgar antes de coñecer é un mal costume. Xa o dicía o loro en "Mistos , o dragón": Se es tan listo como pensas, por que te fías das aparencias?

martes, 14 de diciembre de 2010

martes, 2 de noviembre de 2010

Tarabelos preséntovos a...

José Silvent
Na primeira metade do século pasado, José Silvent, máis coñecido como Barriga Verde, recorreu as mellores romarías de Galicia cos seus espectáculos de títeres e variedades. Barriga Verde era un dos personaxes os que daba vida José Silvent, e chegou a ser tan famoso que deu nome a todo o espectáculo, e a el mesmo. Hai pouco estivemos facendo o noso espectáculo de títeres “Mistos, o dragón” en Fornelos, e un home maior falábame, mentres montábamos,, dos espectáculos de Barriga Verde e a despedida que utilizaba nos súas funcións: “Morreu o demo e acabouse a peseta”.
As súas actuacións chegaron a custar dende dez céntimos a unhas tres pesetas. Nos últimos anos utilizaba como escenario unha barraca de madeira, na que estaba rotulado o título do seu espectáculo: “Teatro e melodías de España”, e nun lado “espectáculo culto e moral”, e noutro “O autentico Barriga Verde”.
Actualmente podemos ver unha réplica da barraca e o espectáculo de Barriga Verde da man de Viravolta títeres, e a produtora Tintimán Audiovisual, que están estreando este espectáculo e achegándoo as cidades de Galicia. Así que si tendes oportunidade aínda estades a tempo de disfrutar deste espectáculo.

Podedes ver máis información na rede. Na páxina do seu lugar de nacemento, por exemplo, tendes parte da súa historia. http://www.santamartadelosbarros.com/personajes.php



Espectáculo de Viravolta títeres

Tarabelos te convida ...

Convídote a descubrir o “Cirque du soleil” (Circo do Sol)
É unha compañía creada en 1984. Comezou facendo espectáculos de circo cun total de 73 persoas e neste momento conta con máis de 4000 empregados traballando cos seus espectáculos. Máis de 40 nacionalidades están representadas entre os seus empregados e artistas, e España está entre elas. Neste momento, Cirque du Soleil presenta 21 espectáculos distintos por todo o mundo. Espectáculos onde se poden ver os mellores artistas do mundo e montaxes cheos de luz, orixinalidade, técnica abraiante, danza, música en directo, números cunha complexidade e vistosidade espectacular, elegancia, e un gusto especial para cada detalle. Tiven o pracer de presenciar dous dos seus espectáculos: No 2010 “Saltimbanco”, en Santiago de Compostela, e no 2009 “Varekai”, en Gijón. E podo dicirvos que non vin cousa igual.
Na entrada “Os nosos lugares favoritos na rede” dentro deste blog, tendes un acceso directo a súa páxina web, e paga a pena. ¡Que disfrutedes coa visita!

viernes, 8 de enero de 2010

Os nosos lugares favoritos na Rede

http://www.tarabelos.com/
http://www.titerenet.com/
http://www.ciudadseva.com/
http://http://www.galiciamovese.xunta.es/
http://www.agadic.info/
http://www.rbgalicia.org/
http://www.cirquedusoleil.com/
http://www.encuentos.com/
http://www.clowns.org/
http://www.theodora.org/
http://www.rebeccadautremer.com/
http://www.clownplanet.com/
http://www.imaginaria.com.ar/
http://www.grimmstories.com/
http://www.carlosmartinez.es/
http://www.patchadams.org/

Xoga con Tarabelos

Gustaríanos contar coas vosas historias, os vosos contos.
Se nos mandades un conto inventado por vos, por correo electrónico:


esteban@tarabelos.com , tarabelos@gmail.com

ou ben por correo ordinario na dirección:

Apartado de correos 145, CP:36900, Marín (Pontevedra)

Publicaremos os mellores aquí, no noso blog.
¡Esperamos os vosos contos!.
Ademáis recibiredes un carnet da panda dos Tarabelos.

¡Cóntanos un conto!






Este é un conto escrito e ilustrado por nenos de 6 anos do colexio
Manuel Padín Truiteiro en Arcade (Pontevedra)




Este conto foi escrito por Felipe Martínez do colexio Carballal de Marín (Pontevedra). Os nove anos gañou o segundo premio nun concurso de contos en galego organizado pola Once.

Xa veredes, é unha bonita historia de amor.