martes, 2 de noviembre de 2010

Tarabelos preséntovos a...

José Silvent
Na primeira metade do século pasado, José Silvent, máis coñecido como Barriga Verde, recorreu as mellores romarías de Galicia cos seus espectáculos de títeres e variedades. Barriga Verde era un dos personaxes os que daba vida José Silvent, e chegou a ser tan famoso que deu nome a todo o espectáculo, e a el mesmo. Hai pouco estivemos facendo o noso espectáculo de títeres “Mistos, o dragón” en Fornelos, e un home maior falábame, mentres montábamos,, dos espectáculos de Barriga Verde e a despedida que utilizaba nos súas funcións: “Morreu o demo e acabouse a peseta”.
As súas actuacións chegaron a custar dende dez céntimos a unhas tres pesetas. Nos últimos anos utilizaba como escenario unha barraca de madeira, na que estaba rotulado o título do seu espectáculo: “Teatro e melodías de España”, e nun lado “espectáculo culto e moral”, e noutro “O autentico Barriga Verde”.
Actualmente podemos ver unha réplica da barraca e o espectáculo de Barriga Verde da man de Viravolta títeres, e a produtora Tintimán Audiovisual, que están estreando este espectáculo e achegándoo as cidades de Galicia. Así que si tendes oportunidade aínda estades a tempo de disfrutar deste espectáculo.

Podedes ver máis información na rede. Na páxina do seu lugar de nacemento, por exemplo, tendes parte da súa historia. http://www.santamartadelosbarros.com/personajes.php



Espectáculo de Viravolta títeres

No hay comentarios: