martes, 2 de abril de 2019

Sachacontos

Xogar cos contos nos ofrece posibilidades infinitas que nos axudan a medrar (sexamos grandes ou pequenos). Con eles: Compartimos, relacionámonos, descubrimos vidas, aprendemos de experiencias vividas, buscamos explicación ó inexplicable, aprendemos a expresar, nos desinhibimos, aconsellamos, rimos xuntos, aprendemos novas palabras, adestramos a nosa imaxinación, facémonos creadores... 
Sachacontos, é unha xuntanza de miolos compartindo ideas e ocurrencias... un obradoiro de creación de contos frescos, nunca contados, nunca escoitados... 
Imos xogar... Xogar coas historias e cos personaxes. Todos podemos imaxinar, todos podemos  xogar, todos podemos crear,  polo tanto non nos preocuparemos do resultado; será especial; será noso.
E un obradoiro baseado na imaxinación, na improvisación e no traballo cooperativo. 
E cal sería o resultado esperado? 
Contos creados, rematados ou sen rematar, ideas tolas, mentes abertas... con ansia de seguir creando.

Outras posibilidades?
O obradoiro é aberto a nen@s entre 5 e 105 anos, polo tanto, ademáis de grupos de nen@s, tamén podemos pensar es grupos de adultos, de edades variadas: mestres, asociacións, grupos familiares, animadores... e calquera grupo que sinta a súa utilidade.


No hay comentarios: