Sen presa pero sen pausa... sempre
buscando algo novo que ofrecer.
Unha das cousas que mais me gustan do
meu traballo e a necesidade de manter sempre aberto o proceso
creativo; buscar novos recursos, novas posibilidades, facer debuxiños
en calquera papel, coñecer novas historias, traballar hoxe con
papel, mañá con madeira e outro día con escaiola, con telas, ou
con porexpan; hoxe facendo as cabezas duns títeres de luva e mañá
cosendo un traxe; paso uns días debuxando para algún traballo, e os
seguintes estou escribindo, outro día en Lugo con 200 rapaces, outro
en Pontevedra con 50, hoxe ¨Sabela e o paxaro máxico¨, outro día
“Amoriños contei”... cada día de traballo é diferente e novo.
Neste momento estou argallando un
pequeno montaxe con máscaras, así que toca facer moldes de
escaiola, modelar con pasta as formas para representar cada personaxe
e investigar algunhas cousas novas para min. O resultado podedes velo
na biblioteca de Marín o 18 de maio; pero antes o 6 e o 27 de abril no mesmo sitio, con outras historias. Vémonos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario