lunes, 3 de octubre de 2011

Obradoiros con Tarabelos


Comparto con vós un obradoiro que podedes facer nas vosas aulas, nas vosas casas..., en fin, cos vosos rapaces. Este en concreto fixémolo cun grupo duns 20 nenos de idades variadas entre os 5 e os 12 anos. Son tres cadros ilustran tres historias coñecidas por todos: "A galiña colorada", "O señor Don Gato", e aquela canción que anima a un caracol a votar os cornos ó sol.


Os pasos para facer un traballo así son estes:

1. Facemos ou buscamos o deseño que faremos despois cos nenos

2. A base que utilizamos e unha chapa de DM (cartón pedra) de 3mm de grosor que podedes conseguir en calquera almacén de madeiras. O primeiro é pintar o fondo con tempera ou pinturas acrílicas, simplemente delimitando neste caso con verdes e azuis os dous espazos da escena, ceo e terra.

3. De acordo co deseño decidido dividimos as figuras en

pezas recortadas en cartolinas.


4. Coa técnica de collage, ou pintando, e utilizando todo tipo de papeis de cores, cartolinas, e calquera outro material que se vos ocorra, os nenos dánlle vida a todas estas pezas coloreando cada unha.


5. Podemos utilizar materiais que fagan releve e polo tanto máis vida ós personaxes que ilustramos. Neste caso utilizamos bolas de corcho branco, que podedes conseguir con moita

variedade de tamaños en tendas de manualidades. Pero para conseguir releves podedes utilizar cartóns de papel hixiénico, bolas feitas de papel, corchos de embotellar, pratos ou vasos de cartón, Cds, e calquera cousa que se vos ocorra e teña unha forma que se poida adaptar a parte que queredes resaltar.

6. So queda montar todas as pezas, retocar algún detalle e colgalo onde teñades unha parede que necesite un pouco de cor.



1 comentario:

Anónimo dijo...

Que bonitos!!!