viernes, 14 de septiembre de 2012

Mais pistas!!

Aquí tendes un  detalliño máis do novo traballo de Tarabelos. Un deseño no papel e o traballo xa rematado. Isto é como parir :). Moito tempo coas ideas na cabeza e pouco a pouco se convértense en tela, papel, madeira... A verdade é que é tan fermoso o traballo de encher papeis de garabatos, notas no móbil, en papeis soltos ou no que se atope no momento; como o traballo, despois, de dar forma e realidade a esas ideas. E como non, a parte na que vos presento o resultado no escenario. Espero que vos guste.


miércoles, 12 de septiembre de 2012

Comeza o cole!

Hoxe é o día no que moitos nenos, mestres, pais, avós, tíos... comezan o cole, e iso é para celebrar!, e aqueles que formades parte da escola pública, lembrade que está en perigo de extinción, polo tanto, hai que mimala e apreciala máis que nunca.
¡Animo a todos!

viernes, 7 de septiembre de 2012

Novo espectáculo de Tarabelos!!

Despois de un verán moi movido, póñome cos últimos retoques para poder comezar un novo curso cun novo traballo. Nus días fágovos a presentación.
Estou nervioso, todo hai que dicilo.

lunes, 7 de mayo de 2012

Segue en marcha o novo espectáculo de Tarabelos

Aquí tendes algunha imaxe para que vaiades vendo algúns detalles do espectáculo novo de Tarabelos. Xa está bastante avanzado, pero aínda lle queda... coñecedes o conto de nunca rematar? :)





lunes, 16 de abril de 2012

Paseade por Tarabelos

Paseade polas outras páxinas deste blog onde poderedes ver fotos e información dos nosos espectáculos, actividades de animación a lectura, presentación e contacto de Tarabelos e outras cousas.

miércoles, 4 de abril de 2012

Festival de Títeres de Redondela

Xa chegou o festival de títeres de Redondela 2012, e paga a pena un paseo durante eses días.


XIII FESTIVAL INTERNACIONAL DE TÍTERES
DE REDONDELA 2012
Memorial Juanjo Amoedo,
do 14 ao 20 de maio
O FESTIVAL INTERNACIONAL DE TÍTERES DE REDONDELA (Memorial Juanjo Amoedo) celebrarase do 14 ao 20 de maio de 2012.
De novo as rúas, prazas e xardíns redondeláns servirán de escenario para artistas, músicos e titiriteiros das máis variadas procedencias.
A organización do evento, compartida pola ASOCIACIÓN XENTE TITIRITEIRA e a Concellería de Cultura do Concello de Redondela, mantén a vocación internacional do FESTIVAL, presentando, nesta ocasión, os traballos e espectáculos de compañías profesionais do Reino Unido, Bulgaria, Dinamarca, Murcia, Cantabria, Madrid Cataluña e Galicia (entre outras). Unha festa da diversidade que encherá de novo Redondela de marionetas de fíos, monicreques tradicionais, vangardas creativas, xogos participativos, animación de rúa e unha chea de sorpresas.

martes, 20 de marzo de 2012

Escoita un conto

Esta gravación xa ten uns cantos anos, pero creo que vos gustará recordar o fantástico conto do Galo Quirico que ía a voda do tío Perico.


Día da narración oral e o teatro infantil

O noso día. Felicidades ós protagonistas deste vídeo, e a todos vós. ¡Felicidadeeeees!

jueves, 8 de marzo de 2012

Novas caras en Tarabelos.

Para que vaiades coñecendo os novos personaxes que formarán parte do novo espectáculo de Tarabelos que espero que vexades pronto. De momento no papel, pero nuns días pasarán do papel á pasta de papel modelada.


lunes, 27 de febrero de 2012

Tarabelos preséntavos a Shaun Tan


Preséntovos a Shaun Tan. Descubrino hai ben pouco, e paga a pena que o coñezades, si é que aínda non sabiades del. É un ilustrador australiano, cun arte tremendo e unha imaxinación desbordada. Coñezo so dous dos seus libros “ Emigrantes”, espectacular, e “La cosa perdida” xenial, ten outros publicados que non pasaron aínda polas miñas mans, pero espero que o fagan pronto.
Déixovos un enlace para que vos pasedes a coñecelo. Se vos gustan as boas historias e a ilustración, de verdade que paga a pena coñecer o seu traballo.

domingo, 19 de febrero de 2012

Zarkana - Cirque du Soleil!


En decembro escapámonos a Madrid para ver Zarkana, del Cirque du Soleil, e asegúrovos que se nos abriu a boca ó comezar o espectáculo, e non puidemos pechala ata que o frío de Madrid nos recordou que aínda a tiñamos aberta. Se tendes oportunidade, ¡É tremendo!¡Xenial!

viernes, 17 de febrero de 2012

Tarabelos (Títeres e contacontos)

Invítovos a que visitedes as outras páxinas deste blog.

Os nosos espectáculos: Podedes ver fotos e presentación dos espectáculos cos que Tarabelos está traballando neste momento.

Quen somos?: Unha pequena presentación de Tarabelos.

Contacta con Tarabelos: Os datos necesarios para que poidades contactar con nós e pedir información.

Espectáculos anteriores: Na memoria de “Mistos, o dragón”, espectáculo que durante anos estivo na colección de Tarabelos.

E como novidade: Obradoiros de Animación a lectura, no que podedes ver outras ideas que ofrece Tarabelos relacionadas cos contos. Pronto teremos algunha cousiña mais.

Se vos interesase ter presupostos de todas estas actividades non dubidedes en poñervos en contacto vía email ou teléfono e informareivos con gusto e sen compromiso.

Espero que disfrutedes da visita.

Unha aperta.

jueves, 9 de febrero de 2012

¡Tarabelos cumpre anos!


¡Hoxe Tarabelos cumpre oito anos!. Quero darvos as grazas a todos os que apoiades Tarabelos de calquera forma: Os nosos amigos, a familia, todos os nenos e nenas, e nais, e pais, e avós, e avoas, e tíos... todos vós que vides a vernos aquí ou alá. Quero felicitar a todos os Tarabelos, que nalgún momento me acompañaron nesta aventura, e enriqueceron o noso traballo: Ana, Marcos, Andrés, Rut, Quillo, Sarai, Samuel, Tamara, e tantos outros que o longo destes anos salpicastes coa vosa ilusión e o voso arte o traballo de Tarabelos. Se Tarabelos hoxe cumpre anos é grazas a todos vós. Sigo traballando, e conto con poder celebrar este ano cun novo espectáculo que presentarvos pronto. Espero vervos as caras no escenario, ou nunha praza da túa cidade, ou no teu cole... Ata entón.

martes, 7 de febrero de 2012

Felicidades!!




Charles Dickens cumpre 200 anos. A parte de que me encanta ler a Dickens, Tarabelos ten unha adaptación da súa obra "Conto de Nadal". Grazas Charles Dikens.


http://es.wikipedia.org/wiki/Charles_Dickens