Quen somos?

2003

Tarabelos comezou a súa andanza ofrecendo un abanico grande de posibilidades de ocio e aprendizaxe creativo. Todos vos, moitas “persoas grandes” e tantísimos nenos e nenas fostes moldeandonos pouco a pouco e levando o noso traballo polo camiño que debía andar. E aquelas historias que os nosos monicreques contaban colleron forza e convertéronse na nosa esencia.


2008

A partir de este ano comeza unha nova aventura para Tarabelos. A aquelas historias coas que traballamos nos anos anteriores súmanselle outras novas e Tarabelos centrase neste traballo tan fantástico de percorrer escenarios, salas, bibliotecas... levando historias e contos a todos os nenos e nenas. Aqueles contos que viaxan no vento e nas nubes, caen agora coas gotas de chuvia para ser contados e escoitados, aqueles contos que cheiran a moil cousas, contos que tanto ensinan, que tanto gustan, que aínda despois de moitísimos anos seguen deixando o seu cheiro en nós. A representación de historias por medio da narración, teatro, teatro de títeres, sombras... é algo que chega a grandes e pequenos, que une a pais e fillos, avós e netos. ¿A quen non lle gusta un bo conto?. Pois a iso andamos, “andamos ós contos”.





Esteban Acuña


Dende principios do 2003 baixo o título de “Tarabelos” embarcado totalmente no proxecto de levar diversión, alegría, contos e historias, dar a coñecer personaxes fantásticos, peculiares,revivindo aqueles contos de antes e achegando outros novos... Xa moito antes disto adentrándose pouco a pouco en diferentes técnicas escénicas e de animación (Mimo, teatro, teatro de títeres, malabares, animación, pallaso, guións, escenografía...) participando e dirixindo espectáculos na súa maior parte adicados ó público infantil. Presenta agora unha colección de historias, algunhas delas xa presentadas hai cen anos e agora recordadas, e outras recen paridas da súa cachola chea de paxaros e quen sabe que máis...¿Cóntovos un conto?

¿A que cheiran os contos? (Auditorio Caixa Nova de Vigo)





¿Que signifTarabelos?

... do latín "terebella", no galego "tarabelo":

* "Peza de muíño", para ir moendo e amasando a fariña de onde saen pequenas e grandes tarabeladas.


* "Caravilla de madeira para pechar as fiestras ou as portas por dentro". ...que pecha ou abre a porta da imaxinación, aínda que o noso tarabelo no pecha nada ben… sería terrible telo pechado.

* "Berbequí pequeno" que tenta facer buratos coa intención de buscar novas historias, personaxes, e ideas agochadas, tesouros que poidamos sacar dalgún lugar esquecido ou aínda non descuberto.

* "Carraca formada por unha aspa colocada sobre un pau alto, úsase como espantallo polo ruído que produce o xirar co vento". Para nos significa espantalo estrés, a monotonía e outras especies que estragan colleitas de todo tipo.


* "Persoa irreflexiva, voluble", isto…, aínda non sabemos que ten que ver con nós.


No hay comentarios: