miércoles, 9 de diciembre de 2020

Contos nunha roda

Atendendo ás necesidades especiais dos coles, por mor dos protocolos sanitarios, Tarabelos oferta un novo formato, que permite percorrer os espazos do cole ofrecendo sesións de contacontos coa técnica de Kamishibai. "Contos nunha roda" facilita o traballo con grupos de convivencia e ten fácil adaptación ás necesidades de cada centro escolar. Son sesións que achegan ós nenos e nenas esta técnica de contar historias, que forma parte da cultura xaponesa, e que conecta dúas artes: a narración oral e a ilustración.  Tradicionalmente o Kamishibai, vai montado na bicicleta dun Gaito Kamishibaiya e percorre as vilas e aldeas facendo pequenos espectáculos nas prazas; este Kamishibai "tarabelizado" desprázase polo voso cole nunha soa roda cargado de contos e lendas coa misma intención.
Actividade complementaria:
Ademáis, "Contos nunha roda" vai acompañado dunha proposta de actividade complementaria en formato audiovisual, que conecta ás historias contadas coa arte surrealista.