jueves, 12 de septiembre de 2013

Volta ó cole

Estes días centos de nenos e nenas, mestres e mestras, pais, nais... fan equipo para comezar un novo ano e aprender xuntos da vida.

Mestres e mestras: Como xa saberedes, traballar para os nenos é unha oportunidade única na que se pode aprender unha chea de cousas esquecidas polos que xa non temos idade para ser nenos; valores e conviccións que foron perdendo importancia para os maiores co paso dos anos. O recuperalas decatarédesvos que problemente foi un erro deixalas escapar. Desexo para vós que neste curso recuperedes algún destes valores esquecidos.

Pais e nais: Disfrutade das incribles aventuras contadas polos vosos pequenos á volta do cole, e escoitadeas así como vola contan (As veces a interpretación mental que facemos das historias dos nenos quítanlle toda a chicha, e non e xusto) Se o teu fillo di que no recreo foi capitán dun barco de madeira, ¡Claro que o foi! Ese día comeredes macarróns de ouro que esa mesma mañán mamá atopou nun cofre agochado debaixo da retorcida raiz dun carballo, e a noite prepararedes o camarote para un bo descanso pirata, co ánimo de comezar unha nova aventura ó amencer.

Nenos e nenas: Os mestres teñen interese, e algúns hata devoción por ensinarvos moitas cousas valiosas. Aproveitade a oportunidade e disfrutade da aprendizaxe.

Espero vervos algún día do curso no voso cole e terei un conto que ofrecervos, pero sexa como sexa, a todos, Tarabelos vos desexa un fantástico curso e un bo traballo e equipo polos vosos nenos.

Unha aperta