viernes, 12 de abril de 2013

Un agasallo para os coles

Estes días enviarei esta información a tódolos coles de Galicia; pero xa queda aquí colgada para aqueles que formades parte dun cole, xa sexas mestre, da asociación de pais, director, coordinador de actividades... Gustaríame ofrecervos un pequeno agasallo a vós e ós vosos rapaces, só é un detalliño para aqueles coles que tendes contratado un espectáculo de Tarabelos nestes últimos meses de curso, e para aqueles coles que aínda vos animedes a facelo.
Se vos interesa ter información e tarifas das actividades de Tarabelos podedes pedila en tarabelos@gmail.com ou chamando ó 655630239, e informareivos do que necesitades sen compromiso. E se pensades que lle pode interesar a algún coñecido voso, por favor, compartide esta entrada.
Grazas a todos e que teñades un bo final de curso.


1 comentario:

Bea dijo...

Os espectaculos teñen unha pinta estupenda e os obradoiros tamen. Animo e felicidades por tanta creatividade.