miércoles, 22 de febrero de 2017

https://m.facebook.com/story.php?story_fbid=1299676053442220&substory_index=0&id=109906502419187

13 Aniversario!!!

Hoxe é un día importante; estamos de aniversario!
É 9 de febreiro, e hai 13 anos que comezamos unha aventura que xa entrou na adolescencia. Idade complexa, onde un ten que ir definíndose nunha chea de asuntos, tomar decisións de cara ó futuro; unha idade tola, onde nos volvemos todos un pouco "tarabelos" e temos necesidade de probar, desafiar, reestructurar... Tarabelos é un adolescente e vólvese, as veces, complexo torealo. Ten tantas cousas novas na cabeza que lle gustaría sacar ó escenario... que non da feito!
E eu dígolle:
-Unha cousa, e despois a outra.
Pero é terco de mente e non para de darlle voltas a cabeza para sacar dela algo interesante, que fale ó corazón da xente, que transmita aquelas antigas historias que non deben desaparecer, que comparta novas historias e personaxes, que faga que un neno e un vello disfruten xuntos, e conten xuntos, e rían xuntos. Algo que faga medrar as mentes, a imaxinación, a risa... Algo que axude a estar mellor, a superar, a pensar, a relacionar, a compartir...

Non sei que vou facer con él. Pero non ten paraxe...

Tarabelos non é o bebé de hai 12 anos, nin o neno de hai 9 anos, Tababelos é un adolescente... Seguimos cumprindo anos si Deus quere, e xa maduraremos, supoño.

Grazas a todos os que confiastes en Tarabelos para as vosas programacións, gracias a todos os que vos sentastes nas butacas ou no chan, grazas á familia, grazas á Tarabela e a Tarabeliño, grazas a Deus.

Estou pensando, que haberá que facer algún tipo de festa. Non? Para celebralo e para agradecelo, Tarabelos volve a regalar unha actuación gratuita onde ti queiras e a que ti queiras; si che toca.
E si chegaches a ler isto, é porque leiches o rollo anterior, xa merecerías o premio, pero non pode ser asi, jajajaja. Vouvos contando.

Unha aperta.


miércoles, 17 de febrero de 2016

Sorteo: e ti queres títeres?

A semana pasada cumprimos 12 anos e celebrámolo pasando de 500 me gustas na nosa páxina de facebook. Para compartir a nosa alegría faremos un súper sorteo.

O agasallo que sorteamos é una función dun espectáculo de Tarabelos a custo 0€ (incluíndo desprazamento e dietas).
O espectáculo será: "Sabela e o paxaro máxico" (podendo negociar outra opción no caso de que xa se fixese con anterioridade no mesmo lugar).
A función representarase dentro do ano 2016.

A función realizarase en calquera cidade ou pobo de Galicia (que é o campo de traballo de Tarabelos). No Facebook explicamos cómo faríamos en caso de que o gañador sexa de fora de Galicia.

A participación neste sorteo, que rematará o día 29 ás 23:59, faise por medio da páxina de Facebook seguindo 3 sinxelos pasos que veredes premendo na imaxe.

Moita sorte a todos!

miércoles, 10 de febrero de 2016

Cada día somos mais!

Onte recibín como agasallo de aniversario unha festiña con parte da familia, con velas e todo!!... unha chea de felicitacións, e moitísimos novos seguidores na paxina de facebook de "Tarabelos: Títeres e Contacontos"!

Grazas a todos! Xa pasamos dos 500 me gustas!!! E isto merece unha celebración!
Que agasallo podería ter para vós?
O mellor que vos podo ofrecer, e teríamos que sortealo, sería o meu traballo. 

Estade atentos, a próxima semana contareivos como o faremos: Tarabelos sorteará entre os seus seguidores de facebook, (ós que estades e os que veñades antes do sorteo) unha actuación gratuita no voso cole, biblioteca, asociación, familia ou calquera grupo de nenos que xuntedes; podedes agasallar a alguén se non tendes un grupo de nenos ao voso cargo. 


martes, 9 de febrero de 2016

Hoxe estamos de aniversario!

Antes de que me dera tempo a anunciar o gran acontecemento de hoxe, xa tiña a sorpresa preparada e moitas felicitacións de amigos. Grazas, moitas grazas. 

Feliz día de Tarabelos a todos os que vos considero Tarabelos e a moitos amigos. Cumplimos con ilusión de aportar novas historias, novas risas, novas reflexións... Grazas a todos!! 

Comparto a sorpresa da miña preciosa "compañeira de TODO", porque me fixo moita ilusión. Grazas!! Premede na imaxe para vela.

domingo, 9 de febrero de 2014

Hoxe abrín os ollos...

Hoxe abrín os ollos pola mañá e o peso da idade caeume enriba con certa brusquidade. Non é o meu cumpre anos. Pero as veces hai outros acontecementos que fan que un  bote a vista atrás e sinta o mesmo vértigo que cando sobes a unha árbore ben alta. Pasar de póla en póla as veces é moi doado, e outras complicadísimo, porque non hai onde poñer os pes. Hai algúns avances tan complexos que chegas a pensar que non paga a pena mais esforzo. As veces tes que baixar catro ramas mais abaixo para seguir pola outra cara do toro, despois de experimentar que polo outro lado xa non hai posibilidade de subir mais. É unha experiencia horrible cando xa estás a certa altura,agarrado a unha póla ancha e confiado de ter boa base; e cando todo o peso do teu corpo está cargado sobre ela todo rompe como se fose palla seca e descobres, entón, que a póla estaba podrecida; menos mal que non era o único apoio.
Pero todo isto compensa coas chegadas a cada balcón; quero dicir: o chegar a aqueles puntos onde a follaxe permite unha boa vista da fermosa paisaxe que forma os arredores da árbore. Pode que aquela paisaxe xa estivera antes alí (ou non), pero o certo é que de non ter subido a aquela árbore, non sería nunca posible apreciar aquelas cores, aqueles sons, aquela vida que corre e voa o redor dun piñeiro. E cando estás mais alto, as vistas son mellores, moito mellores.
O malo é cando topas un oco entre as pólas e podes botar un ollo vertical seguindo o eixe do tronco ata ver como as raíces se cravan na terra; entón o vértigo é considerable. Un calafrío corre polas costas dende o cu ata chegar o pescozo, a altura das orellas. Pero toda esta experiencia é marabillosa e estou agradecido por ela.
Hoxe tarabelos cumpre oficialmente dez anos; gracias a todos!!

miércoles, 25 de diciembre de 2013

Bo Nadal

"Algunhas veces é bo ser nenos, e que mellor que no Nadal, cando o seu Todopoderoso fundador era tamén un neno." 
Charles Dickens
Desexo que estes días e no próximo ano disfrutedes dos nenos grandes ou pequenos que tendes o voso lado, e que vós mesmos sexades máis nenos, moito máis nenos!
Unha aperta que dure un ano!, o ano que ven xa teremos outro preparado.

lunes, 16 de septiembre de 2013

Festival para bebés en Pontevedra


Un planazo para todos os que teñades un bebé na casa!!




Para bebés! Teatro, música, contos, danzas, obradoiros…o Festival de Núbebes celebráse durante cinco días na Casa Azul, na Casa das Campás e no Teatro Principal de Pontevedra.

21 de setembro 
12 horas |  Teatro Principal | Inauguración e presentación do Festival | Nenos de 0 a 5 anos | 40 minutos
18 e 19 horas | Casa Azul | Zapatos de Caramuxo Teatro. Espectáculo de teatro para bebés e familia (nenos de 1 a 5 anos) | 30 min
20.30 horas |  Teatro Principal | Nenos que escoitan avós con Celso Sanmartín. Sesión de contos para avós, avoas, papás, mamás e todo o que queira escoitar | 1 hora
22 de setembro
11.30 e 12.30 horas | Teatro Principal | O son arrolador con Marcelo Dobode e Mónica de Nut. Obradoiro de música para bebés e familia (nenos de 0 a 4 anos) | 30 minutos
11.30 horas |  Casa azul | Xogando cos sentidos de ETL Paspallás. Obradoiro sensorial para bebés de 6 a 18 meses e familia | 30 minutos
12.30 horas | Casa azul | Xogando cos sentidos de ETL Paspallás. Obradoiro sensorial para bebés de 18 a 36 meses | 30 minutos
17.30 e 18.30 horas | Casa das Campás | Contos para bebés con Pavís Pavós. Sesión de contos para bebés e familia (de 0 a 4 anos) | 30 minutos
19.30 horas |  Teatro Principal | A ratiña azul e o queixo levitador con Marcelo Dobode e Mónica de Nut. Espectáculo musical para bebés e familia (nenos de 0 a 5 anos) | 40 minutos
27 de setembro
18 e 19 horas | Casa azul | Xogando cos sentidos de ETL Paspallás. Obradoiro sensorial para bebés de 6 a 18 meses e familia | 30 minutos
28 de setembro
11.30, 12.30, 17.30 y 18.30 horas* | Danza para bebés de Artestudio. Obradoiro de danza para bebés e familia (*de 6 a 12 meses – de 13 a 24 meses – de 24 a 36 meses – de 3 a 4 anos) | Casa azul | 40 minutos
18 e 19 horas | Teatro Principal | Kubik de Teatro Paraíso. Espectáculo de teatro para bebés e familia (de 0 a 3 anos) | 30 minutos

29 de setembro
11.30, 12.30, 17.30 y 18.30 horas* | Xogogando entre nós con Patricia Canabal. Obradoiro de xogo corporal para bebés e familia (*de 0 a 3 anos e de 3 a 6 anos) | 30 minutos
12 e 13 horas | Casa das Campás | Contos con Roque de Baobab Teatro. Espectáculo de contos con títetes e obxectos para bebés e familia (nenos de 0 a 5 anos) | 30 minutos
19.30 horas | Teatro Principal | As cantigas da chupeta de Golfiños. Concerto musical (nenos de 0 a 5 anos) | 40 minutos

Obradoiros

21 de setembro
De 10 a 14 horas | Casa azul | Contos orais con Celso Sanmartín. Obradoiro de contos orais. Os contos e as historias que nos chegaron de viva voz. Para docentes das escolas infantís
De 19 a 20 horas | Casa das campás | Iniciación á linguaxe de signos. Asociación de xordos Río Lérez de Pontevedra. Obradoiro de iniciación á linguaxe de signos para docentes, papás/mamás e bebés. Para docentes e público en xeral
27 de setembro
De 18 a 22 horas | Casa das Campás | Acompañamento emocional aos nenos e nenascon Patricia Canabal. Obradoiro para dotar de ferramentas aos docentes que traballan nas escolas infantís. Para docentes das escolas infantís
28 de setembro
De 10 a 14 horas | Casa das Campás | Desenvolvemento infantil e psicomotricidadecon Marta Lloves. Obradoiro de psicomotricidade para docentes das Escolas Infantís
*Todas as actividades son de balde. Para os obradoiros de adultos é preciso inscribirse previamente a través do enderezo electrónico contacto@baobabteatro.com. Para participar nos obradoiros e disfrutar dos espectáculos con aforo limitado é necesario recoller a invitación una hora antes do inicio.

jueves, 12 de septiembre de 2013

Volta ó cole

Estes días centos de nenos e nenas, mestres e mestras, pais, nais... fan equipo para comezar un novo ano e aprender xuntos da vida.

Mestres e mestras: Como xa saberedes, traballar para os nenos é unha oportunidade única na que se pode aprender unha chea de cousas esquecidas polos que xa non temos idade para ser nenos; valores e conviccións que foron perdendo importancia para os maiores co paso dos anos. O recuperalas decatarédesvos que problemente foi un erro deixalas escapar. Desexo para vós que neste curso recuperedes algún destes valores esquecidos.

Pais e nais: Disfrutade das incribles aventuras contadas polos vosos pequenos á volta do cole, e escoitadeas así como vola contan (As veces a interpretación mental que facemos das historias dos nenos quítanlle toda a chicha, e non e xusto) Se o teu fillo di que no recreo foi capitán dun barco de madeira, ¡Claro que o foi! Ese día comeredes macarróns de ouro que esa mesma mañán mamá atopou nun cofre agochado debaixo da retorcida raiz dun carballo, e a noite prepararedes o camarote para un bo descanso pirata, co ánimo de comezar unha nova aventura ó amencer.

Nenos e nenas: Os mestres teñen interese, e algúns hata devoción por ensinarvos moitas cousas valiosas. Aproveitade a oportunidade e disfrutade da aprendizaxe.

Espero vervos algún día do curso no voso cole e terei un conto que ofrecervos, pero sexa como sexa, a todos, Tarabelos vos desexa un fantástico curso e un bo traballo e equipo polos vosos nenos.

Unha aperta

martes, 11 de junio de 2013

"Sabela y el pájaro mágico" en Noctívagos

Este é o espectáculo que presentarei este sábado en "Noctívagos" ( Festival internacional de teatro de rúa) que se celebra en Oropesa, provincia de Toledo. 
O vídeo está feito en castelán para súa presentación no festival, aínda que Sabela e os seus amigos son normalmente galego-falantes. Aquí vos queda disposto para visitar as vosas aulas, bibliotecas, teatros, salas, auditorios, prazas...
Grazas Simón Martinez pola axuda co vídeo.



miércoles, 5 de junio de 2013

Tarabelos en Noctívagos


Tarabelos foi seleccionado para formar parte da programación de "Noctívagos 2013” festival de teatro na rúa que se celebra na cidade de Oropesa, provincia de Toledo. Presentaréi en castelán o espectáculo "Sabela e o paxaro máxico" baseado nun conto popular galego, dentro da programación infantil do festival. Este espectáculo xa percorreu moitos concellos galegos, e foi presentado fora de Galicia en Salamanca, Burgos e Lisboa. Imos a toledo entón.

viernes, 12 de abril de 2013

Un agasallo para os coles

Estes días enviarei esta información a tódolos coles de Galicia; pero xa queda aquí colgada para aqueles que formades parte dun cole, xa sexas mestre, da asociación de pais, director, coordinador de actividades... Gustaríame ofrecervos un pequeno agasallo a vós e ós vosos rapaces, só é un detalliño para aqueles coles que tendes contratado un espectáculo de Tarabelos nestes últimos meses de curso, e para aqueles coles que aínda vos animedes a facelo.
Se vos interesa ter información e tarifas das actividades de Tarabelos podedes pedila en tarabelos@gmail.com ou chamando ó 655630239, e informareivos do que necesitades sen compromiso. E se pensades que lle pode interesar a algún coñecido voso, por favor, compartide esta entrada.
Grazas a todos e que teñades un bo final de curso.


lunes, 1 de abril de 2013

Sempre argallando

Sen presa pero sen pausa... sempre buscando algo novo que ofrecer.
Unha das cousas que mais me gustan do meu traballo e a necesidade de manter sempre aberto o proceso creativo; buscar novos recursos, novas posibilidades, facer debuxiños en calquera papel, coñecer novas historias, traballar hoxe con papel, mañá con madeira e outro día con escaiola, con telas, ou con porexpan; hoxe facendo as cabezas duns títeres de luva e mañá cosendo un traxe; paso uns días debuxando para algún traballo, e os seguintes estou escribindo, outro día en Lugo con 200 rapaces, outro en Pontevedra con 50, hoxe ¨Sabela e o paxaro máxico¨, outro día “Amoriños contei”... cada día de traballo é diferente e novo.
Neste momento estou argallando un pequeno montaxe con máscaras, así que toca facer moldes de escaiola, modelar con pasta as formas para representar cada personaxe e investigar algunhas cousas novas para min. O resultado podedes velo na biblioteca de Marín o 18 de maio; pero antes o 6 e o 27 de abril no mesmo sitio, con outras historias. Vémonos.


domingo, 10 de febrero de 2013

¡¡9 anos tarabeleando!!

Nove anos de tarabeladas!!! Hoxe Tarabelos está de noraboa, cumprimos 9 anos e o pensalo agradezo a moitas persoas o seu apoio, os seus aplausos, a súa arte compartida... E tamén quero agradecer ós meus compañeiros de traballo a súa dedicación a Tarabelos: Fredy, Demetre, Sabela, Claudio, Zarpas, Polgariña, Bob, Scrooge, e tantos outros personaxes das historias que vos presento. E grazas a todos vós que vos sentades nas butacas, e as veces no chan para ver e escoitar os contos de Tarabelos. Comezamos o ano dez e o rematalo teremos que facer unha boa festa. Grazas a todos!!!!

miércoles, 6 de febrero de 2013

TOPIC

Hai tres anos, tiven a oportunidade de visitar o TOPIC en Tolosa (Guipúzcoa), e foi unha boa experiencia. Non hai moitos museos adicados ó arte da marioneta neste país, pero xa vedes que algún hai; de feito en Galicia temos unha colección exposta no museo da marioneta de Lalín da man de Viravolta, e tamén no TOPIC de Tolosa hai representacións galegas.




lunes, 7 de enero de 2013

O Blog de Tarabelos


Invítovos a que visitedes as outras páxinas deste blog.
Os nosos espectáculos: Podedes ver fotos e presentación dos espectáculos cos que Tarabelos está traballando neste momento.
Quen somos?: Unha pequena presentación de Tarabelos.
Contacta con Tarabelos: Os datos necesarios para que poidades contactar con nós e pedir información.
Espectáculos anteriores: Na memoria de “Mistos, o dragón”, espectáculo que durante anos estivo na colección de Tarabelos.
Obradoiros de Animación a lectura: No que podedes ver outras ideas que ofrece Tarabelos relacionadas cos contos.
Videos e Galeria: Onde podedes ver fotos de espectáculos e outras Tarabeladas.
Se vos interesase ter presupostos de todas estas actividades non dubidedes en poñervos en contacto vía email ou teléfono e informareivos con gusto e sen compromiso.
Espero que disfrutedes da visita.
Unha aperta.